20% OFF shipping at escargot-de-bourgogne.com.ua on orders over $79 + up to 10% OFF products
escargot-de-bourgogne.com.ua
home > A IMAXINACIÓN NO INTERIOR DUN ESTUDIO. O FONDO MARY QUINTERO NO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA > A IMAXINACIÓN NO INTERIOR DUN ESTUDIO. O FONDO MARY QUINTERO NO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
download picture
A IMAXINACIÓN NO INTERIOR DUN ESTUDIO. O FONDO MARY QUINTERO NO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRACatlogo da exposicin que, sobre o fondo fotogrfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histrico Provincial de Pontevedra. Amosa a obra da fotgrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo. Mara del Carmen Quintero Corredoira (Melide, 9 de novembro de 1931) foi a maior de catro irmns nunha familia dedicada fotografa. O seu pai, Aurelio, e a sa nai, Amadora, posuan un estudo onde a precoz fotgrafa medrou
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Catálogo da exposición que, sobre o fondo fotográfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.Amosa a obra da fotógrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo.

María del Carmen Quintero Corredoira (Melide, 9 de novembro de 1931) foi a maior de catro irmáns nunha familia dedicada á fotografía. O seu pai, Aurelio, e a súa nai, Amadora, posuían un estudo onde a precoz fotógrafa medrou aprendendo técnica e arte a un tempo. A súa nai destacara na técnica de dar cor a fotografías en branco e negro, técnica artística moi en boga antes da Primeira Guerra Mundial e da que en Galicia non se coñecen outros precedentes de mulleres que a practicasen. Sendo aínda adolescente, estudou en Madrid retoque fotográfico con Pedro Jaraba e pintura con Carlos Pascual de Lara. Nesa etapa coñeceu o fotógrafo húngaro Juan Gyenes.

Mary Quintero foi o seu nome profesional desde a súa primeira exposición, cando tiña 16 anos, no Círculo das Artes de Lugo, a onde se trasladara o estudo familiar. Casada co empresario José Manuel Álvarez Varela -que sempre apoiou a súa vocación e co que tivo dous fillos e dúas fillas-, trasladouse a Vigo logo de facer varias exposicións de moito éxito. O seu estudo, de gran sona na época, estivo no centro da cidade durante décadas e chegou a contar cun equipo de ata once persoas.

Interesada polos grandes avances técnicos que experimenta a fotografía na segunda metade do s. XX, foi incorporando novidades ao seu traballo, entre elas salienta un proxector de fondos que chamou moito atención pola importancia para ambientar as súas composicións fotográficas. Desde os anos 70, foi frecuente a súa presenza en encontros profesionais en España e no exterior. Alén de ser considerada unha notable cronista da sociedade do seu tempo, fixo incursións no cartelismo ao recibir o encargo de facer as fotografías de candidatos a diferentes convocatorias electorais.

Colegas seus coma Schommer, Maspons, Lucas ou Vargas tiveron en alta consideración a súa figura, que tamén acadou o recoñecemento institucional co nomeamento como Viguesa Distinguida e coa Medalla de Bronce da Xunta de Galicia.

---

Mary Quintero no Museo do Mar de Vigo

Tras as homenaxes recibidas en 2015 cando foi recoñecida como «fotógrafa histórica» pola Deputación da Coruña, cando o Consello da Cultura Galega lle dedicou unha xornada de estudo e as súas amizades tributáronlle un xantar de homenaxe no Balneario de Mondariz, a fotógrafa Mary Quintero (Melide, 1931) conta no Museo do Mar de Alcabre coa exposición «A imaxinación no interior do estudio», unha escolma do seu fondo documental, que vai de 1947 a 2001, incorporado o 2 de maio de 2022 ao Arquivo histórico provincial de Pontevedra mediante comodatio. Unha excelente oportunidade, despois da publicación do seu libro antolóxico, Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos (Xerais 2015), con textos da estudosa da fotografía galega de muller Fernanda Padín, de volver achegarse a obra monumental desta pioneira e mestra da fotografía profesional en Galicia, a primeira que utilizou aquí a cor e as técnicas do retoque, conformando unha obra propia e singular, na que asumiu que a mudanza constante das posibilidades técnicas achegaba novas utilidades creativas, o que a situou na cimeira da fotografía galega durante seis décadas, desde que aos 15 anos realizou en Lugo a súa primeira exposición e aos 21 anos abriu o seu famoso estudio na rúa Urzaiz polo que pasaron milleiros de familias de varias xeracións viguesas a encargar o seu retrato fose no día da comuñón, do casamento ou dun aniversario sinalado.

Unha artista, Mary Quintero, de espírito radicalmente innovador na utilización dos avances técnicos e audaz en comprobar que non ten límites para a fantasía, capaz de atreverse aos 91 anos (si, leron ben) a expoñer por vez primeira a súa foto-pintura e abrir o pasado verán con éxito o ciclo «Vigueses con huella», un programa de Ámbito Cultural El Corte Inglés que pretende recuperar artistas nosos. Unha mostra na que Mari Quintero, baixo o título «Inspiración», emprega as fotografías do ámbito cotián, que confesa realizar co móbil, para pintar sobre elas con óleo, acrílico e pastel obtendo resultados visuais sorprendentes e moi vistosos. Unha técnica fotopictórica dalgún xeito continuadora daqueloutra consistente na aplicación de cor ás imaxes en branco e negro, a fotografía coloreada, que desenvolvería durante a metade da súa carreira, nos anos 50, 60 e 70, presente nalgunhas grandes pezas da mostra do Museo do Mar, como o seu propio retrato (1949), coloreado por ela e realizado polo seu pai, o da presentación en sociedade das fillas de Enrique Lorenzo (1952) ou de picariños comendo ou cortando o cabelo.

Seguindo o fío cronolóxico dos avances técnicos que introduce Quintero, dende o retoque analóxico ao coloreado, a exposición do Museo do Mar é representativa da súa concepción do retrato fotográfico dos anos corenta aos sesenta do pasado século, nos que «sabe captar os cambios na moda e na sensibilidade estética da clase media-alta e alta da sociedade viguesa». Como tamén o é da súa utilización da fotografía a cor, a partir dos setenta, combinada con técnicas como o proxector de fondos, no que Mary tamén foi pioneira, ou tamén da súa época romántica, influída por David Hamilton, pasando pola creación de ambientes e sofisticados escenarios e vestiario de entroido, até chegar ao seu cambio de estilo a partir dos anos 80, influído pola estética punk e os anos da movida, consolidado nos 90 en retratos moi característicos como os do grupo de teatro Queizán, o actor Moncho Borrajo, a escritora María do Carmo Kruckenberg, o escultor Juan Oliveira, ademais de personalidades viguesas daquel período como Corina Porro, Horacio Gómez e Carlos González Príncipe. Remata a antolóxica de Quintero en Alcabre coa súa fotografía experimental, nunha autora que procurou a súa inspiración no cine, revistas e rótulos, deixando fóra da mostra a dimensión da súa fotografía social, tanto o retrato de grupos familiares como de cerimonias.

Chama a atención do visitante que semellante fondo documental fotográfico de Mary Quintero, milleiros de retratos de tres xeracións de familias viguesas, teña que ser conservado en Pontevedra, no Arquivo Histórico Provincial, institución estatal transferida á Xunta de Galicia. Algo que xa sucedeu co arquivo Llanos de tres xeracións de fotógrafos vigueses, conservado no Museo Etnolóxico de Ribadavia da Xunta de Galicia. Como tamén preocupa o destino que poidan ter os arquivos doutros fotoxornalistas vigueses como Magar e Cameselle, esenciais para construír o relato do Vigo das últimas seis décadas. Como preocupa o desleixo no que se atopa o Arquivo Pacheco atendido na Casa das Artes por persoal de seguridade, un tesouro esquecido e escasamente valorado polo seu propietario, o concello de Vigo. Que sucede co patrimonio fotográfico vigués, fonte inesgotable da memoria da cidade?

Manuel Bragado Faro de Vigo outubro 2023

 ___

Editorial: XUNTA 1-2024
Idioma: Galego

Páxinas: 82
Tamaño: 27x23 cm

A IMAXINACIÓN NO INTERIOR DUN ESTUDIO. O FONDO MARY QUINTERO NO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Item no : 86476548775
sold recently : Login >>
US$ 288.73
Pay in 4 interest-free payments of $72.18 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 24 - Jun 29

Enjoy 20% off shipping

US$ 288.73

1-11

US$ 259.86

12-35

US$ 202.11

36-59

US$ 173.24

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches